O
CPXG pon a debate o papel dos medios na información de xénero, o 24 novembro en
Lugo
Seguindo
co seu traballo de seguemento e estudio da información sobre cuestións de
xénero, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Observatorio
Galego dos Medios (OM) convocan para o vindeiro 24 de novembro unha xornada so o
título O papel dos medios na información
de xénero. Este acto vaise celebrar, na víspera do día internacional contra
a violencia de xénero, no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra de
Lugo.
Na busca
dun mellor tratamento da información de xénero, que implique aos movementos
asociativos, a xornada vai dar comezo ás 9:30 da mañá coa inauguración e a
conferencia de Marisa Soleto Ávila, directora da Fundación Mujeres, quen vai dar
a súa visión sobre a posición das organizacións de mulleres en relación coa
igualdade de oportunidades nos medios.
Ao longo
da mañá (até as 14:00h) e da tarde (desde as 16:30h até as 20:00h) vanse suceder
ademais tres mesas de traballo, centradas sobre o tratamento da información
relacionada coa violencia machista, o pacto de autorregulamento e as
posibilidades de mellorar a función socializadora dos medios. Nestas,
participarán xornalistas, investigadoras, avogadas e integrantes das asociacións
de mulleres, co obxectivo de ofrecer todas as perspectivas posíbeis que poidan
atinxir á información sobre temáticas de
xénero.
As persoas
interesadas poden inscribirse nos teléfonos 981935670 e 981936709 ou enviando un
mail a xornalistas@xornalistas.com ou observatorio@xornalistas.com.
Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia
Observatorio
Galego dos Medios
www.xornalistas.com www.observatoriodosmedios.org
|